A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A FEGAC presenta na Rúa a programación do X aniversario da oficialización do Camiño de Inverno

A Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camino de Santiago celebraba unha reunión informativa no Punto de Información desta ruta xacobea, situado na capela de Santo Andrés, en Fontei

 

Neste 2026 cúmprense dez anos da oficialización do Camiño de Inverno como ruta do Camiño de Santiago, por iso a Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camino de Santiago (FEGAC) elixía o Punto de Información desta ruta xacobea, situado na capela de Santo Andrés, en Fontei (A Rúa), para manter unha reunión informativa aberta ao público en xeral, ás asociacións xacobeas, administracións públicas, entidades culturais, empresarios turísticos e a todos os axentes sociais interesados no desenvolvemento e promoción do Camino de Inverno.

Durante a reunión, celebrada na tarde deste luns 20 de xullo o presidente da FEGAC daba a coñecer as principais actuacións previstas para o que resta de ano.

 

 

Entre os asuntos que se abordaban destacan a presentación da credencial oficial conmemorativa do X aniversario do Camino de Inverno, deseñada para celebrar esta efeméride; a presentación do proxecto “O Camiño que Conecta e Activa”, iniciativa impulsada pola FEGAC e seleccionada dentro do programa de axudas de O Teu Xacobeo, destinada a fomentar a dinamización, promoción e posta en valor do Camino de Santiago que se desenvolverá no mes outubro; así como a organización do Congreso do Camiño de Inverno, cuxa celebración está prevista para o próximo mes de novembro e que reunirá a especialistas, asociacións e institucións vinculadas a este itinerario xacobeo.

Será un congreso para inversores, porque “o Camiño de Inverno necesita un arranque inversor, con establecementos que non están funcionando ou non se sabe que facer con eles, dar máis hospedaxe aos peregrinos,…” dixo o presidente da FEGAC, Javier Goméz Vila, explicando que para iso traerán inversores de fóra (uns 30-40) “que van coñecer o Camiño e toda a capacidade que ten, de feito trátase de amosar a zona para investir nela, rematando en Lugo onde poremos en contaco á xente que ofrece produtos do Camiño de Inverno, e a que quere mercalos”. Finalmente farán un dosier con todos eses plans de investimento.

 

 

Por parte da presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, fará uns cadernos da flora que se pode atopar ao longo do Camiño de Inverno. “Material exclusivo que o peregrino poderá levar para a súa casa e que lle sirva para facer un Camiño diferente, interactivo”, dixo Javier, asegurando que están abertos a todo tipo de iniciativas e ideas, tanto das asociacións coma dos concellos para colaborar con eles.

Como puntos a destacar, segundo o presidente da Federación están a propia capela restaurada na que celebraban a reunión, en Valdeorras; e albergue de Diomonde, entre outros.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button