O doutor Adrián Gallego Goyanes, traumatólogo, operaba este venres, ao 19.00 h, un ligamento cruzado anterior en directo desde o quirófano do Hospital El Carmen, cunha retransimisión en directo ao Teatro Principal de Ourense, ante máis de 300 persoas. Esta era a primeira vez que unha intervención deste tipo retransmítese en directo ante público xeneral.
No inicio do acto, que estaba presentado por Terio Carrera, facíase entrega de placas a diversas persoas vinculadas co mundo do fútbol e tamén da medicina. Era o caso de Ricardo Prada, adestrador do CD Barco B, do adestrador profesional Javier Rey e de Manuel Cabaleiro.


Unha mesa redonda para coñecer as diferentes perspectivas
Un dos momentos destacados da xornada foi a Mesa Redonda «Medicina e Deporte», coordinada por Terio Carrera e que reuniu a profesionais vinculados a diferentes ámbitos do deporte e a saúde para achegar unha visión médica, técnica e deportiva sobre as lesións e a súa recuperación.
O panel estivo formado polo doutor Adrián Gallego Goyanes, traumatólogo; Javi Rey, adestrador profesional; Roberto Martínez, do Centro REF; Diego López, adestrador profesional; e Iván Muñoz, xogador do Ourense CF.

A través das súas diferentes perspectivas, os participantes abordaron cuestións relacionadas coas causas e o aumento dos casos de rotura de ligamento cruzado, a súa prevención, tratamento e recuperación, así como o impacto que poden ter na práctica deportiva.

A xornada rematou cun coloquio co doutor Adrián Gallego, que se achegou ao Teatro Principal despois da operación, no que o público puido formular as súas preguntas e afondar nos contidos abordados durante o evento.
Fotos: O SIL.
