DeportesPiraguismoÚltima hora

A festa do Descenso do Sil comeza, a ritmo de charanga, coa saída do tren fluvial no Barco

 

A festa do LVIII Descenso do Sil vén de iniciarse xa ás 17:30h. deste sábado 12 de setembro coa saída do tren fluvial gratuíto dende a estación de ferrocarril do Barco. Numerosas persoas, acompañadas pola música da charanga Achicoria, subíanse a el para dirixirse a Sobradelo e desfrutar da saída desta proba de piragüismo, que se celebra no marco das Festas do Cristo.

 

 

A medida que cada viaxeiro se ía subindo ao tren recibía un pano conmemorativo do descenso desta edición do descenso. Unha vez completo, o tren partía para Sobradelo onde agardará na estación ata que se dean todas as saídas das piraguas. Despois, emprenderá viaxe de regreso ao Barco, se ben irá facendo paradas en certos puntos para que os seus usuarios poidan seguir a evolución da proba.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button