DeportesPiraguismoÚltima horaVídeos

O Fluvial Barco, equipo ganador do LVIII Descenso do Sil, no Barco

O club sumaba cinco podios nunha competición na que o Fluvial Lugo quedaba segundo e o C. Piragüismo Cidade de Lugo terceiro

 

Ata cinco podios sumaban os padexeiros do Club Fluvial Barco no LVIII Descenso do Sil, que se celebraba na tarde deste 12 de setembro no Barco, no marco das Festas do Cristo. Así o K2 sénior de Jesús Rodríguez León e Miguel Fernández era a primeira embarcación da proba en cruzar a liña de meta, cun rexistro de 00:25:31.77, seguidos polo barco de Ulises Diéguez e Roi Blanco, do Fluvial de Lugo, mentres que en terceir posición situábanse Samuel Quiroga e Miguel Rouco, dese mesmo club.

Ademais, nesa mesma categoría, pero feminina, o K2 das irmás Marta e Paula Paradelo quedaba en terceira posición. Outros triunfos viñan da man de José Antonio Girón en K1 veteranos e de Carlota Díaz en K1 junior. Resultados que en conxunto lle valían o primeiro posto por equipos na competición con ata 825 puntos. Tras o club barquense situábase o Fluvial Lugo (702 puntos) e o Club Piragüismo Cidade de Lugo (655 puntos).

 

 

O acto de entrega de premios tiña lugar arredor das 20:30h. no Malecón do Barco. Os ganadores das diferentes categorías recibían unha medalla en lousa e unha piruleta en forma de corazón. As diferentes entregas íanse intercalando do sorteos de diversos agasallos entre os participantes.

Neste Descenso había outros dous podios valdeorreses os de Kissy Torres (primeira en K2 veteranas con Emma Via) e Pedro Andrés (terceiro en K2 veteranos, con Pedro Javier Piñeiro).

 

 

O acto pechábase coa intervención do alcalde do Barco, Aurentino Alonso, quen agradecía a participación e tamén destacaba o público que seguía a proba.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

Back to top button