Tras o descanso estival volvían as probas de orientación. E facíano co campionato galego de distancia longa que se celebraba na xornada do sábado 12 de setembro na localidade coruñesa de Goente, unha proba na que o club valdeorrés Ouro-O paricipaba con cinco deportistas que se enfrontaban a un terreo “moi técnico, onde a ausencia de camiños fíxolles sacar á luz todos os coñecementos de orientación, véndose reflectido nos resultados obtidos”, explican dende o club. Brais Rodríguez Cruz proclamábase campión galego en categoría M-14; Izan Balboa Calvo era 3º en categoría M-12; e Pablo Aller 5º en M-55.
“Desde o club estamos moi contentos de que o traballo nas categorías de base vaia dando os seus froitos, e queremos agradecer tanto aos deportistas como ás súas familias, o gran esforzo que realizan á hora dos desprazamentos por toda a comunidade autónoma”, aseguran orgullosos.
Fotos cedidas.