AutomobilismoDeportesÚltima hora

Máis de 130 vehículos participarán no V Rallye Comarca do Carballiño, do 25 ao 27 de setembro

 

O Concello do Carballiño colabora un ano máis no V Rallye Comarca do Carballiño, que se levará a cabo os próximos días 25, 26 e 27 de setembro con máis de 130 vehículos participantes. A praza Maior acollía, no mediodía deste martes día 22 o acto de presentación do evento, impulsado por JLB Motorsport, que reunirá a milleiros de afeccionados ao motor do sur de Galicia.

 

 

A proba, puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes-Recalvi, dará comezo o venres ás 20 horas coa cerimonia de saída na rúa Evaristo Vaamonde do Carballiño. “O rallye leva a paixón do motor por toda a nosa comarca, polo que queremos agradecer a colaboración dos concellos do Carballiño, San Amaro, Leiro, Piñor de Cea, San Cristovo de Cea, Amoeiro e Maside”, destacou o organizador, Jesús López Blanco, quen tamén deu as grazas á Xunta, Deputación, Garda Civil de Ourense e do Carballiño, Policía Local do Carballiño e agrupación de Protección Civil.

 

 

Pola súa parte, José Castro-Gil, alcalde en funcións do Carballiño, puxo en valor o “gran esforzo” de López Blanco e convidou á participación. “Animamos á xente a que veña desfrutar deste marabilloso evento e da nosa terra”. Patricia Torres, deputada provincial, tamén resaltou o “importante traballo” voluntario de todas as persoas que fan posible o rallye.

Back to top button