
As obras de reforma da praza Maior da vila do Barco comezarán o vindeiro 13 de outubro. Alomenos así se indica na sinalización colocada na contorna, avisando de que a partir do vindeiro martes ás 8h., e durante o desenvolvemento da obra, quedará prohibido aparcar na zona do Porto do Barca. Ademais o acceso dende á rúa Real pola rúa Escura quedará cortado á circulación dende ese mesmo día e ao longo do tempo no que dure a actuación.
Fotos: O SIL.
