Cumprindo un ano máis coa tradición, na mañá deste luns 12 de outubro os membros da Garda Civil da Rúa celebraban por todo o alto a festa da súa patroa, a Virxe do Pilar.
Ás 12 horas tiña lugar a misa na igrexa da Nosa Señora de Fátima en Fontei, presidida polo párroco Daniel Pérez que na homilía lembraba o papel da Virxe do Pilar, e o da propia Garda Civil, sempre disposta a atender cando se lles necesita. E tralo sermón, no que lían varios gardas, tiña lugar a ofrenda que os propios axentes facían á Virxe: dun ramo de flores, da bandeira de España, dun tricornio e do “pan e o viño”, pedindo por todos os presentes.
Á parte dos gardas que acudían acompañados por familires, a esta celebración relixiosa acudían tamén representantes municipais rueses (entre eles membros do equipo de Goberno e tamén da oposición), así como a alcaldesa de Petín e o alcalde do Bolo, entre outros, ademais de veciños da Rúa e de concellos limítrofes, e mesmo de Protección Civil da Rúa, convidados ao acto.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.