En portadaÚltima hora

A Garda Civil do Barco de Valdeorras honra á Virxe do Pilar na igrexa parroquial de Santa Rita

 

Tamén no Barco de Valdeorras honran á patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar na xornada deste luns 12 de outubro. Neste caso a misa tiña lugar ás 12:30 horas na igrexa de Santa Rita, oficiada polo párroco Jesús Álvarez Álvarez e cantada polo coro de San Mauro.

 

 

Coma sempre, á cita relixiosa que incluía a ofrenda, acudían representantes municipais de diferentres concellos. Á cabeza, o alcalde do Barco xunto a membros do seu equipo de Goberno e tamén da oposición; así como a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras e o alcalde de Rubiá.

 

 

Na capital da comarca, a Garda Civil do Barco estaba acompañada polos seus familiares e tamén por representantes das forzas de seguridade como a Policía Local e a Nacional, e numerosos civís que enchían a igrexa.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button