Continúa a segunda fase a segunda fase da campaña de vacinación fronte á gripe e á covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e A Rúa, que se iniciaba hai pouco máis dunha semana. Nela incorporábanse novos grupos de poboación como profesionais dos centros sanitarios públicos e privados, pacientes con inmunosupresión e persoas inmobilizadas, ademáis da vacinación infantil.
Esta segunda fase amplía a protección fronte ás infeccións respiratorias a colectivos con maior risco de complicacións, así como aos profesionais que desenvolven a súa actividade no ámbito sanitario, co obxectivo de reducir tanto o risco individual de enfermidade como a súa transmisión ás persoas máis vulnerables.
Así, entre os novos grupos -que se suman a dos residentes en centros socio sanitarios e os traballadores destes centros- figuran 4.191 pacientes en situación de inmunosupresión, 3.195 persoas inmobilizadas nos seus domicilios e o ao redor de 7000 profesionais de todos os centros sanitarios públicos e privados da provincia, independentemente da súa categoría profesional ou das funcións que desempeñen.
Fotos: O SIL.