En portadaÚltima hora

Valdeorras recibe a 15 educadores internacionales del vino para impulsar la proyección exterior de la denominación

A iniciativa Galicia Wine Educator 2026 reúne a especialistas de Europa, América, Asia e Oceanía que conocerán de primeira man a singularidade dos viños de Valdeorras para contribuír ao seu difusión en mercados internacionais

 

Valdeorras recibía o 21 de outubro aos 15 profesionais internacionais que participan no programa Galicia Wine Educator 2026, unha iniciativa formativa impulsada por Galicia Wine Academy en colaboración coa institución educativa Wine & Spirit Education Trust (WSET) e co apoio de AGACAL, dependente da Xunta de Galicia, que está a percorrer a comunidade. O obxectivo é reforzar o posicionamento dos viños galegos no exterior mediante a formación especializada de profesionais con capacidade para transmitir os seus coñecementos e influír nas decisións de compra e consumo.

A chegada do grupo á D.O. Valdeorras estivo acompañada dun o túnel do viño celebrado no Pazo do Castro (O Barco), no que os participantes puideron catar un total de 34 referencias. Esta actividade permitiu “achegarlles á diversidade e singularidade das elaboracións da comarca, profundando nos trazos que definen a súa identidade vitivinícola”, segundo o consello regulador.

Durante a xornada de hoxe, os profesionais visitaron as adegas Rafael Palacios e A Coroa, onde puideron coñecer de primeira man os seus proxectos vitivinícolas, as súas métodos de elaboración e as particularidades dos seus viños. A xornada inclúó también unha comida nunha das adegas, como parte da experiencia de inmersión no territorio e a súa cultura gastronómica.

A visita forma parte dun programa intensivo de seis días que percorre as cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas: Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra. A través de sesións técnicas, visitas a adegas e catas, os participantes profundan nas características de cada territorio, as súas variedades autóctonas, os seus estilos de elaboración e os factores que definen a identidade dos seus viños.
O grupo está integrado por profesionais procedentes de Reino Unido, Turquía, Países Baixos, Francia, Italia, China, Australia, Portugal, Estados Unidos, México, Singapura, Paraguai, República Dominicana e Polonia.

Entre eles figuran responsables de formación de WSET, directores e fundadores de academias especializadas, educadores certificados, catadores, consultores, comunicadores e profesionais vinculados á comercialización e selección de viños.

 

 

Unha oportunidade para proxectar os viños de Valdeorras

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Marcos Prada, asegura que “iniciativas como esta son unha oportunidade única para poder poñer en valor internacionalmente os viños da nosa Denominación de Orixe. Un gupo de profesionais dun altísimo nivel puido descubrir en persoa onte e hoxe as características e as peculiarides do noso territorio, ao mesmo tempo que cataron unha selección dalgúns dos mellores brancos e tintos da nosa comarca”.

A presenza deste grupo supón, segundo o consello, unha oportunidade para achegar a identidade vitivinícola de Valdeorras a profesionais que, posteriormente, podrán incorporar os seus viños aos seus programas formativos, catas especializadas, recomendacións, contidos divulgativos e propostas de restauración en distintos países.

“As impresións sobre os viños de Valdeorras foron moi positivas e a acollida, excelente. Destacou especialmente a diversidade de perfís de Godello, que permitiu aos participantes descubrir diferentes estilos de elaboración e apreciar a versatilidade desta variedade. También espertaron un gran interés os viños tintos que, a pesar de non ser o perfil no que chegaban más centrados, sorprendéronlles moi gratamente.  Descubriron elaboracións modernas, cunha clara proyección internacional, que destacan pola súa lixeireza, complexidade e equilibrio, calidades que lles auguran un percorrido fantástico nos mercados internacionais”, aseguraba Jorge Vila, director de Galicia Wine Academy e responsable de liderar a iniciativa.

 

 

A combinación de catas especializadas e visitas a adegas permite aos participantes coñecer os viños desde unha perspectiva técnica e experiencial, así como comprender mellor as particularidades do territorio do que proceden. Este contacto directo cos produtores e as súas elaboracións reforza a capacidade dos educadores para transmitir os seus características nos seus respectivos mercados.

“Valdeorras destaca pola diversidade e calidade das súas Godellos, capaces de combinar unha intensa expresión froiteira cun final fresco e refrescante. Sobresaen a variedade de estilos, desde viños más afrutados e accesibles ata elaboracións de gran complexidade, textura e finura. Os Mencías, pola súa banda, sorprenden pola súa lixeireza, elegancia e expresión froiteira. En conxunto, Valdeorras é senóńnimo de elegancia, armonía, equilibrio e finura”, apuntaba Victoria MacKenzie, Master of Wine (MW) procedente do Reino Unido e participante no programa Galicia Wine Educator 2026.

Pola súa banda, Ana Bertha Galegos Barcenas, Diplomada WSET e formadora de profesionais na academia canadense Viño Studio e na mexicana WECMX; destacó que “me parece unha rexión realmente interesante. Os viños non sórepreséntano a alma do produtor, también representan o “terroir”, o chan. Para ser unha rexión non moi grande en canto a extensión, descubrimos unhas grandes diferenzas entre os potentes brancos e tintos dos diferentes produtores que tivemos a sorte de catar”.

 

 

O impacto esperado vai más allá da propia visita. A iniciativa busca crear unha rede internacional de embaixadores cualificados capaces de multiplicar a difusión dos viños galegos entre profesionais e consumidores. No caso de Valdeorras, este labor pode contribuír a incrementar a súa visibilidade en mercados estratégicos, fortalecer o recoñecemento da denominación e abrir novas vińas de promoción para as súas adegas.

Fotos cedidas.

Back to top button