En portadaÚltima hora

Parada de Sil rende homenaxe aos soutos e á castaña con diversas actividades

 

Moita actividade arredor da cultura da castaña no municipio de Parada de Sil. Así, na pasada fin de semana desevolvíanse diversas e variadas propostas, de xeito colaborativo entre o Concello, a Asociación Ouro do Sil, o Club de Montaña Ribeira Sacra e a AMPA Os Noviños do Sil.

“O obxectivo é que durante os meses de outubro e novembro todas as fins de semana haxa actividades atractivas para a cidadanía de Ourense e de fóra, mesmo desprazamentos en buses como é o caso da andaina que coa súa XIX Edición e coa participación de 270 camiñantes”, din dende o Concello de Parada de Sil. Nela participaron persoas procedentes de puntos moi diferentes da provincia de Ourense, de Lugo, Nigrán, Ferrol ou da Estrada entre outras localidades. Contábase coa representación de 31 clubs que se dedican o sendeirismo de montaña.

 

 

A andaina permitiu, nunha maña soleada, que os camiñantes percorrerán soutos e mesmo pasarán a beira do castiñeiro milenario de Entrambosríos, así como apreciar a caída da folla do viñedo que ofrece unha paisaxe única no outono, dado que un tramo pasa polo medio das viñas.

En paralelo a esta andaina volveu a realizarse a andaina de cativos un ano máis, que ten un carácter máis etnográfico. Nela explícase moitos elementos hoxe en desuso como lavadoiro, a aira da malla ou o pouso do carreto dos cestos. Como di o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, “a andaina vai a máis e Parada nesta época do ano oferta unha paisaxe e unha estancia única na Ribeira Sacra”.

 

 

Tamén se celebrou o magosto en Parada de Sil coa participación de 200 persoas que degustaron un menú a base de chourizos, carne o caldeiro empanada, e bica. Acudían veciños e veciñas están a rematar a recollida da castaña este ano que xa vai por en riba dos 30.000 kilos. Tamén, persoas que participaran na andaina pola maña desfrutaran deste magosto.

Despois das castañas asadas había licores e unha sesión amenizada polo Dúo Arcoiris do que desfrutaron os presentes para axudar a facer a dixestión ata altas horas da madrugada, todo elo na nave da castaña. A castaña e Parada de Sil xuntos sempre dicían os participantes.

Fotos cedidas.

 

Back to top button