
Desde o FIC Vía XIV e o Concello de Verín vén de anunciarse que, finalmente, non se realizará a gala final do festival “en solidariedade coas vítimas do accidente de tren en Urda”.
Tal e como indican, “tras conversas co goberno municipal, cremos que debemos cancelar a celebración debido ao seu carácter festivo. Con todo, as actividades culturais e proxeccións programadas ao abeiro do festival seguen en pé. Trasladamos o noso máis sentido pesame a familiares e amizades das persoas afectadas”.