DeportesFútbolÚltima hora

O Dépor pasa de ronda na Copa do Rei ao impoñerse 0-3 ao Auriense no Couto

 

Dada a diferencia de categorías entre os rivais, o resultado do partido de Copa do Rei disputado na noite do xoves 29 de outubro no campo ourensén do Couto entre o Auriense de Preferente e o Dépor de Segunda División non sorprendeu a ninguén. Con todo o equipo de Antonio Hidalgo superaba, grazas a un dobrete de Asp Jensen e un gol de Luismi Cruz, a un cadro local que deixo unha gran imaxe.

 

 

O Auriense que dirixe Daniel Prado, chegaba a esta rolda copeira tras proclamarse campión da Supercopa de Galicia e superar na rolda previa ao CD San José de Soria. E xa no partido de onte, os coruñeses adiantábanse no marcador co primeiro gol no minuto 45, chegando ao descanso co 0-1 no Couto. Xa na segunda parte o Depor marcaba en dúas ocasións máis rematando co 0-3.

 

 

Bo partido para os ourensáns que resistiron ata o último suspiro da primeira parte cunha boa defensa, facendo as delicias dos afeccionados.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button