SanidadeÚltima hora

Mesas informativas polo Día Galego sen Tabaco nos centros de saúde do Barco, Trives e Manzaneda

Mesa informativa no Centro de Saúde do Barco.

 

No marco da celebración do Día galego sen tabaco, instalábanse mesas informativas na mañá deste 30 de outubro nos centros de saúde do Barco, A Pobra de Trives e Manzaneda, coa participación de profesionais da enfermería.

O Día Galego sen Tabaco enmárcase no Plan Inspira Saúde 2023–2027 e promove a sensibilización sobre os riscos do consumo, a protección fronte á exposición ao fume e o abandono do tabaco. Estas actividades achegan á poboación información sobre a prevención do tabaquismo e os recursos para deixar de fumar.

 

Mesa no Centro de Saúde de Trives.

 

As persoas que queiran deixar o tabaco poden solicitar axuda no seu centro de saúde, onde os profesionais sanitarios ofrecen orientación e apoio para iniciar o proceso. O Sergas dispón, ademais, dun programa de apoio á cesación tabáquica —o abandono do consumo de tabaco— con materiais como «Vou deixar de fumar!» e «Xa non fumo!», dirixidos a preparar ese paso e manterse sen fumar.

Fotos cedidas.

 

Mesa no Centro de Saúde do Barco.

 

Mesa no Centro de Saúde de Manzaneda.
Back to top button