
Cumprindo coa tradición, un ano máis o grupo da “Xunta” de Vilamartín de Valdeorras vén de celebrar o magosto no que é o seu “domicilio social”: o Bar Santos. Os seus membros sentábanse neste 31 de outubro arredor da mesa para desfrutar dun saboroso menú a base de castañas asadas, panceta e chourizo, regado con viño godello.

Ao mesmo tempo, os membros da xunta conmemoraban o aniversario de Celestino. No intre de soprar as candeas, non faltaba o humor xa que o homenaxeado tiña algún problema para apagalas, asegurando que eran moitas, mentres os seus compañeiros bromeaban dicindo que igual algo tiña que ver o godello.
Fotos cedidas.
