EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha xove parella ponse á fronte do mítico Mesón Volobriga, no Bolo

 

Na xornada deste mércores 3 de novembro o mítico Mesón Volobriga do Bolo (rúa César Conti, 2) comezaba un novo capítulo na historia da restauración en Valdeorras.

Coa xove parella veciña de Celavente, Marta e Ismael, á fronte, o local inaugurábase oficialmente pola tarde, con pinchos e música en directo, pero xa ao mediodía deron comidas, mantendo o espírito do local. Comida tradicional, menú do día e tamén de fin de semana, tanto no restaurante coma na cafetería.

 

 

Con respecto ao horario de cociña, de luns a venres será de 13 a 15:30 horas para as comidas e de 20:30 a 22 horas para as ceas; e sábados e domingos de 13 a 15:30 para as comidas e de 20:30 a 22:30 horas para as ceas. “imprescindible reservar”, destacan.

O horario da cafetería será de luns a venres de 8:30 a 23:30 horas; sábado de 9 horas a peche; e domingo de 8:30 a 00 horas.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button