CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

Pleno de vitorias para os equipos do CD Trives

 

Catro de catro. Son as vitorias dos equipos do CD Trives que xogaban os seus correspondentes partidos na pasada fin de semana.

O equipo Benxamín de Futsal vencía 7- 2 ao E.C.D. Celanova “C” cos goles de Izan (4), Martín Hervella (2) e Roi. Seguen invictos e líderes de grupo.

 

 

Xa en fútbol, os alevíns de F-7 tamén gañaban 7-2 aos do C.D. Purísima “C” cos goles de Adrián Pérez (3), Enzo (3) e Dani Estévez (2), indo de segundos na clasificación. Pola súa banda os infantís goleaban 9-0 aos do E.C.D. Xinzo “C” cos goles de Efrén (2) Efrén, Mateo (2), Iago García (2), Adrián Vázquez, Nico Conde e Hugo. Seguen invictos e segundos.

Os cadetes descansaron e o equipo sénior xogaba o partido aprazado contra o Inter Ribeira Sacra gañando 0-5 grazas aos goles de Brais Díaz, Anyelo, Aarón, Adán e Jhovelvi. Segue líder e invicto sen ningún gol encaixado e 33 ao seu favor. De feito, dende o club aseguran que son “o único equipo de Galicia na categoría séniro de todas as competicións federadas, tanto de afeccionados como profesionais, que non recibiu ningún gol na competicion liguera”. Ademais o seu presidente, Pali, saía en directo na Radio Galega o luns 2 de novembro, no descanso do partido de Primeira División Depor – Osasuna.

Fotos cedidas.

Back to top button