ConcellosQuirogaÚltima hora

Comeza a renovación dos parque infantís de Quiroga

 

Os parques infantís da vila de Quiroga están sendo acondicionados estes días. Co investimento de 50.000 € que inclúe o convenio asinado coa Deputación Provincial de Lugo, en decembro do 2025; o Concello vai acondicionar e renovar o Parque da Constitución, o Parque da Igrexa e o Parque da Praza de España.

No Parque da Constitución, onde se traballa estes días, comezouse na zona do areeiro infantil, mellorando a seguridade deste espazo colocando un valado de madeira con dúas portas de acceso e a substitución da area actual por unha nova máis fina; retiráronse daqueles elementos de xogo deteriorados e reubicáronse aqueles que se encontran en bo estado; instalouse unha tirolina e instalarase unha fonte de auga e un novo pavimento continuo de caucho.

As zonas do parque nas que se está traballando atópanse pechadas ao público por seguridade, pero os nenos poden seguir desfrutando da pista de xogos e da parte na que se atopa a estrutura multixogo.
No Parque da Igrexa substituiranse varios elementos de xogo; arranxarase o pavimento de pedra e recolocaranse as lousas de caucho.

E no parque da Praza de España incorporarase un elemento de sombra tipo téxtil para mellorar o confort deste espazo especialmente nos meses de maior calor.

Foto: Concello de Quiroga.

Back to top button