OurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno participa nunha sesión do programa “A Administración cerca de ti”, en Ourense

 

A Subdelegación do Goberno en Ourense, en colaboración co Concello de Ourense, realizaba hoxe unha sesión do programa “A Administración cerca de ti” no Centro Cultural Ángel Valente-Antigo Banco de España, na que funcionarios e funcionarias da Oficina de Información e Rexistro da Subdelegación ourensá expediron Certificados Dixitais de Persoa Física aos asistentes, para que poidan telo instalado no seu teléfono móbil e coñecer as distintas xestións que poden realizar co mesmo sen necesidade de desprazamentos.

Esta xornada dirixiuse especialmente a aquelas persoas estranxeiras que neste momento se atopan realizando trámites dentro do proceso extraordinario de regularización de persoas migrantes, para os que se precisa a identificación e sinatura electrónica.

 

 

O subdelegado, Eladio Santos, supervisou esta sesión e agradeceu o traballo dos funcionarios e funcionarias que atenden á poboación. Ademais, puxo en valor a importancia de achegar os trámites administrativos a todo o mundo, cunha administración aberta e próxima á cidadanía.

“A Administración cerca de ti” é un servizo do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática que busca achegar a Administración á cidadanía, co obxectivo fundamental de que os cidadáns poidan realizar as distintas xestións administrativas de xeito rápido e sinxelo, sen ter que desprazarse.

Back to top button