DeportesKárateÚltima hora

Boas sensacións para Raúl Pérez Panizo (River Stone do Barco) no campionato de Liga Nacional de Karate celebrado en Ourense

 

Na xornada deste sábado 7 de novembro o xove karateka do Club River Stone do Barco, Raúl Pérez Panizo, participaba no campionato de Liga Nacional de Karate celebrado no Pazo dos Deportes Paco Paz, en Ourense.

Tal como explican dende o club, superaba a primeira volta pero non puido co rival da segunda. Con todo, máis aló da clasificación, tivo “unha moi boa experiencia e moi boas sensacións de cara ao campionato de Liga Galega que terá lugar en Ferrol o próximo 15 de novembro”.

 

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button