OurenseÚltima hora

A XXXVI exposición filatélica San Martiño estará no Liceo de Ourense ata o 19 de novembro

 

O Liceo de Ourense acollerá ata o 15 de novembro a XXXVI exposición San Martiño, unha mostra, de carácter non competitivo, organizada pola Sociedad Filatélica, N. e V. Miño, que reúne aos socios da entidade na súa xa tradicional cita anual. Nesta edición, os asistentes poderán desfrutar dunha ampla variedade de coleccións: filatelia nas súas distintas modalidades (tradicional, temática, aberta…), numismática, e outras dedicadas a vitolfilia, loterofilia, cartofilia, notafilia, calendofilia, … entre outras curiosidades que reflicten a riqueza do coleccionismo.

 

 

Como é habitual, a exposición dedica o seu tema central a unha parroquia vinculada a San Martín de Tours, patrón de Ourense; que nesta edición corresponde a San Martiño de Beariz (San Amaro).

 

 

O acto inaugural tiña lugar na tarde do luns, 9 de novembro, contando coa presenza, entre outros, do deputado Rosendo Fernández, responsable de Representación Institucional da Deputación de Ourense e preside do Inorde; e do bispo de Ourense, M. Leonardo Lemos. No decurso da gala, os xuvenís da Miño recibían os galardóns obtidos no Campionato de España de Filatelia Temática celebrado na Guarda (Pontevedra), en JUVENEX en Arxentina e Timbres Passion en Francia.

 

 

Para a ocasión ponse en circulación selo, cuño, sobre e tarxeta conmemorativos, que se ilustran coas imaxes do Santo, a igrexa e as súas campás sobre o Castro de San Cibrán de Las, un dos principais referentes patrimoniais do municipio de San Amaro. O día da inauguración instalouse unha estafeta temporal de Correos no Liceo.

 

 

A XXXVI Exposición Filatélica San Martiño reafirma así o seu papel como “escaparate anual do coleccionismo ourensán, promovendo a difusión cultural e o valor histórico destas manifestacións”.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button