OurenseÚltima hora

O 11/11 de la ONCE e San Martiño deixan en Ourense un premio de 1 millón de euros

 

O Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE deixaba en Ourense un premio dun millón de euros no sorteo celebrado onte, día no que a cidade festexaba o seu patrón, San Martiño, que tamén axudou a repartir 17 cupóns premiados con 2.000 euros cada un.

O vendedor da ONCE Antonio Vázquez Villarroya é quen levou a sorte a Ourense con este millón que deu desde o seu punto de venda habitual, fronte ao hipermercado Lidl do Pino, en Ourense, aínda que tamén fai un roteiro por algunhas cafeterías do polígono industrial de Quintela, onde xa o están celebrando.

“Estou moi nervioso. Só levo sete meses neste traballo e non pensei nunca que podería repartir tanto diñeiro e ter unha sensación tan boa de facer felices a moitas persoas”, dicía esta mañá Antonio, visiblemente emocionado. “Eu estiven 20 anos traballando nunha fábrica e non estou acostumado a isto, pero é unha alegría moi grande”.

Alén do premio dun millón de euros, tamén repartiu máis de 17 cupóns premiados con 2.000 euros cada un, e os gañadores xa se están achegando para felicitar ao seu “sentinela da ilusión”. Antonio repartiu en Ourense un total de 1.034.000 euros.

Máis premios en Galicia

O Extra do 11/11 da ONCE levou a sorte a outras localidades de Galicia. Así, José Carlos Allegue Moreno repartiu 18.000 euros en 9 cupóns premiados con 2.000 euros cada un no seu roteiro de venda de Ares e Mugardos (A Coruña).

O vendedor da ONCE José Ángel Presa Boullosa deu un premio de 2.000 euros desde o seu punto de venda situado na Praza de la Iglesia de Ponteareas (Pontevedra).

Finalmente, Gabriela Recouso Fariña repartiu 20.000 euros na Coruña, en 10 cupóns agraciados con 2.000 euros cada un, que comercializou desde a súa zona de venda no Centro Comercial Marineda City.

Galicia recibiu un total de 1.074.000 euros do Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE.

Back to top button