EconomíaEconomíaÚltima hora

Ponse en marcha unha campaña para impulsar o comercio local a través dunha tarxeta pregago

La iniciativa, promovida por AEVA e Afundación, estará vixente do 15 de novembro ao 28 de febreiro e permitirá realizar compras en establecementos asociados dos sectores do comercio, a restauración e as adegas

 

A través da sinatura dun convenio de colaboración, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e Afundación, veñen de poñer en marcha unha iniciativa de apoio ao tecido empresarial de Valdeorras mediante unha tarxeta prepago nominativa, destinada a incentivar as compras nos establecementos participantes.

A campaña estará vixente desde o 15 de novembro de 2026 ata o 28 de febreiro de 2027, co obxectivo de “fomentar o consumo local, contribuír a la recuperación económica da comarca e favorecer que os recursos destinados a esta iniciativa revertan directamente nas empresas de Valdeorras”, segundo adiantan os promotores.

As tarxetas poderán recollerse nas oficinas de AEVA a partir do venres 13 de novembro, desde las 9.00 horas. Para acceder a elas será necesario ser maior de idade e presentar un documento de identificación. La campaña conta cun número limitado de tarxetas, polo que se entregarán ata esgotar as unidades dispoñibles.
O importe da tarxeta é de 80€ e ten un custo de 20€.

Poderán participar na campañaos establecementos asociados a AEVA pertencentes aos sectores do comercio, a restauración e as adegas, que xa mostraron a súa interés en formar parte desta iniciativa.

Desde AEVA anímase á poboación de Valdeorras a participar na campaña, recoller a súa tarxeta e aproveitar esta oportunidade para realizar as súas compras nos establecementos locais. É “unha iniciativa que busca dinamizar a economía da comarca e apoiar as empresas que xeran actividade e emprego no territorio”, aseguran dende a asociación.

 

Back to top button