
Gadisa Retail estrea un establecemento franquiado en Maside. O novo Claudio Express abre as súas portas na estación de servizo Dacón, situada no km. 24 de la N-541, moi preto do principal núcleo de poboación.
O Claudio Express conta cunha sala de vendas de 70 m², na que pon ao dispor dos clientes unha variedade moi seleccionada de 600 produtos de alimentación, droguería e hixiene. O amplo horario de apertura todos os días da semana permite aos clientes realizar a súa compra de forma máis cómoda e rápida.
O complexo dispón, ademais, de gasolineira, gasóleo a domicilio, cafetería con terraza, boxes de aspirado e ponte de lavado.
Impulsando a creación de emprego
Esta apertura supón a creación de 9 postos de traballo, en liña cun dos valores principais desta liña de negocio, que favorece a xeración de emprego nas diferentes contornas nas que está implantada, fundamentalmente en pequenos e medianos núcleos de poboación. Máis de 1.000 profesionais traballan nos establecementos franquiados.
A inauguración reuniu a Manuel Rodríguez, un dos propietarios do Grupo Neramex e da estación, con parte do seu equipo. De Gadisa Retail estiveron o delegado de área, Óscar Arias, o director de venda de franquía, Miguel Freire, e o coordinador, Sergio Trujillo.
18 aperturas en 2026
Gadisa Retail incorporou 18 establecementos franquiados no que vai de ano, alcanzando os 265 puntos de venda, dos que 114 son Claudio e 151 Claudio Express. O de Maside é o primeiro que estrea na provincia de Ourense en 2026.
O crecemento desta liña de negocio obedece a unha proposta de valor baseada na confianza, cunha loxística de alta eficiencia, unha variedade de produtos adaptada ás diferentes necesidades e o acompañamento dun equipo de profesionais que orientan ao franquiado en cada etapa, desde a apertura ata a consolidación do negocio-