ConcellosÚltima horaVilamartín

Cortada ao tráfico a ponte de Arnado (Vilamartín) polos arrastres provocados pola chuvia das últimas horas

 

O Concello de Vilamartín de Valdeorras informa de que a ponte de Arnado permanece cortada ao tráfico debido aos arrastres de terra e materiais provocados polas fortes chuvias das últimas horas, explicando que “a situación impide, polo momento, garantir a circulación con seguridade por este punto”, motivo polo cal piden “que se extreme as precaucións, evite desprazarse por esta zona e utilice itinerarios alternativos”.

Dende a administración local inidcan que a Confederación Hidrográfica xa foi informada da situación, avanzando que “está previsto que esta ponte sexa obxecto de obras proximamente, co obxectivo de mellorar as súas condicións e evitar que se volvan producir situacións deste tipo”.

 

 

Fotos: Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Back to top button