Un día máis hai que falar de arrastres e desbordamentos a causa das intensas chuvias na Rúa. Apenas tres días despois das inundacións de auga e lama en lugares como a rúa Progreso, Real ou avenida de Almendralejo, a situación volve repetirse.

Logo dunha noite e mañá de forte e persistente chuvia, volvían inundarse zonas como as que se ven nestas imaxes, á entrada da área recreativa do Aguilllón, a carón do encoro de San Martiño; e no paso soterrado preto de Correos que de novo volve estar cheo de auga e polo tanto cortado.

Fotos cedidas.