
O vindeiro sábado 28 deste mes de novembro o C. M. Montañas de Trevinca desenvolverá a actividade “XXVI O Belén da Cima de Galicia – Nadal nas Montañas de Trevinca” como club de montaña, “pero este mesmo Belén e de xeito particular, xa se instalaba en Pena Trevinca a partir do ano 2001”, aclaran dende esta entidade.
Así mesmo explicaba que “esta pequena caixiña simboliza un Nadal nas Montañas de Galicia pedindo paz, amizade e solidaridade cos máis desfavorecedos. Esta humilde familia leva ascendendo a Pena Trevinca-Cima de Galicia e voltando de novo a Vilanova (A Veiga) dende fai 26 anos, e esperamos que moitos máis cun mundo mellor!”.
A actividade implica unha marcha ata o teito galego, a 2.127., un percorrido que “en condicións invernais de neve ou xeo, require en moitas ocasións o emprego de técnicas de alta montaña, como son as raquetas de neve ou piolet e crampóns para poder chegar a Cima de Galicia”, explican dende o club.
A marcha terá un percorrido total de 24,8 km, con saída de Vilanova, seguindo por Valmeladas, Sestil Alto, Pena Trevinca, Valigota, Lombo do Rocín, Maluro e Vilanova.
As persoas interesadas en participar poden ampliar información ou realizar a súa inscrición a través da web https://www.montanasdetrevinca.es/12-o-nadal-en-pena-trevinca/