DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

Traballada vitoria para o Rúa Valdeorras FSF, 4-3, ante o Atl. Pereiro de Aguiar

 

Nova e traballada vitoria para as rapazas do Rúa Valdeorras FSF que se sitúa no segundo posto da clasificación. Na tarde do sábado 21 de novembro o equipo valdeorrés de fútbol sala feminino sumaba a cuarta vitoria consecutiva vencendo 4-3 ao Atlético Pereiro de Aguiar, cun intenso e apretado final no pavillón municipal Victorino Núñez da Rúa.

Ánxela marcaba o primeiro gol para as locais no minuto 6 e no 20′ empataban as ourensás. Xa no segundo tempo, Leti volvía adiantar ás ruesas no minuto 34 pero as visitantes volvían empatar no 38′ e só dous minutos despois volvían marcar adiantándose no marcador.

 

 

No minuto 42 Anxela marcaba o seu segundo gol da tarde empatando o marcador, igual que Leti, que sentenciaba  encontro co seu segundo gol, no minuto 47.

Con este resultado o equipo que adestra Jovito mantense invicto e con 22 puntos, a só dous do líder na Primeira Futgal feminina de Ourense, o Cea.

Fotos: Mónica G. Bellver salvo a primeira que é cedida.

 

Back to top button