
Na mañá deste domingo 22 de novembro, unha persoa resultaba ferida tras ser atropelada en Xinzo de Limia. Tal como indican dende o 112 Galicia, tiñan constancia, contra as 9:20 horas, dun atropelo a un home na avenida de Ourense. “O particular que alertou do accidente sinalou que a persoa sufrira un golpe na cabeza e que permanecía consciente”, aseguran.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron unha ambulancia ao lugar, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Xinzo. “A persoa foi atendida polos profesionais sanitarios”, indican dende o 112.