ConcellosLaroucoManzanedaO BoloSan Xoán de RíoÚltima hora

Veciños de Río, Larouco, O Bolo e Manzaneda participan na peregrinación á Basílica de Sta. María de la Esperanza Macarena, en Sevilla

San Xoán de Río leva a cultura e música galegas á Macarena e convida a Sevilla ao Xacobeo 2027

 

Na xornada do sábado 21 de novembro,  San Xoán de Río participaba nun encontro coa Hermandad de la Macarena en Sevilla, xunto a veciños e veciñas dos concellos de Larouco, Manzaneda e O Bolo. A peregrinación á Basílica de Santa María de la Esperanza Macarena reuniu as dúas tradicións musicais nunha mesma celebración e serviu para convidar o pobo sevillano e andaluz a visitar Galicia con motivo do Xacobeo 2027.

 

 

Baixo a coordinación da Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA), os gaiteiros e gaiteiras da Casa de Galicia en Alcorcón, do Centro Galego de Madrid e da Asociación Galega Corredor do Henares, abriron o encontro coa interpretación do Himno a la Esperanza Macarena, cantado pola Coral Polifónica da confraría. Tras o rezo do rosario e a celebración da misa e da sabatina, a banda interpretou as pezas tradicionais San Amaro, San Roque e San Benito. A música continuou na praza da Esperanza Macarena, cunha foliada que reuniu gaitas, percusión, pandeireteiras e baile tradicional.

 

 

O encontro na Macarena foi o acto central da viaxe a Sevilla que os Concellos de San Xoán de Río e Larouco programaron do 20 ao 23 de novembro no marco de “EnRede, Participación e liderado feminino”. O itinerario incluíu tamén un percorrido guiado pola cidade e visitas á catedral, á Xiralda e ao Barrio de Triana.

Fotos cedidas.

Back to top button