
Unha vez máis cumpríanse as previsións meteorolóxicas e a neve visitaba as montañas ourensás. Cun fermoso e espeso manto branco amencía na mañá deste mércores 25 de novembro na Estación de Montaña Manzaneda.

“Sabemos que moitos estades tan impacientes como nós”, aseguran dende a estación, adiantanto que de momento “non hai espesor suficiente para abrir as pistas, e dános pena dicírvolo, pero preferimos ser sinceros: queremos que cando veñades, a neve estea á altura do que vos merecedes”, aseguran a través das redes, recoñecendo que esta primeira nevada lembra que a tempada xa está a chamar á porta.

Fotos: Estación de Montaña Manzaneda.