ConcellosÚltima hora

Corte de tráfico por obras dende hoxe na estrada LU-P-5301, en Ribas de Sil

 

Dende a Deputación de Lugo vén de informarse de que a partir de hoxe, xoves 26 de novembro, comezan as obras de rehabilitación da estrada provincial LU-P-5301, entre San Clodio e Alto da Cruz, en Ribas de Sil, que levará a cabo a empresa OBRAS Y SANEAMIENTOS GALICIA, S.L.

A actuación, cun investimento de 136.453,44 euros, abrangue o tramo comprendido entre os puntos quilométricos 6,200 e 8,198. Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, a mellora da drenaxe e a renovación do pavimento con aglomerado en quente, así como a posterior sinalización viaria.

Con motivo destes traballos, será necesario cortar a circulación neste tramo durante un período previsto de tres días, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Como alternativa, habilitarase un desvío provisional por Torbeo, a través da estrada LU-P-5303.

Esta intervención permitirá mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria nunha estrada importante para as comunicacións do municipio.

Back to top button