Continúan as mobilización da Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) para demandar que se dote ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco, dun servizo propio de neumoloxía. Neste xoves a entidade convocaba unha nova manifestación, que partía ás 11h. do centro hospitalario e finalizaba contra as 11:20h. na praza do Concello do Barco. No percorrido a frase máis coreada era: “Queremos un servizo de Neumoloxía para Valdeorras”.
O tráfico estaba regulado pola Policía Local e tamén se contaba coa presenza da Garda Civil.
Fotos e vídeo: O SIL.