
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, reuníase no seu despacho en Ourense na mañá do 15 de maio co alcalde do Bolo, Manuel Corzo, quen lle transmitía as principais preocupacións do seu municipio en relación á actividade da Administración autonómica.
Díaz Mouteira expresoulle ao rexedor “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.



