Asistiron membros das agrupacións da Rúa, O Bolo, Vilamartín e Manzaneda
Membros de Protección Civil da Rúa, O Bolo, Vilamartín de Valdeorras e Manzaneda asistiron ao curso de formación impartido no parque de Bombeiros da Rúa nas dúas últimas fins de semana (2, 3 e 4; e 9, 10 e 11 de xuño).
O curso, impartido polos bombeiros (entre eles Marcos Yáñez), forma parte do programa da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e estivo centrado na extinción de incendios tanto urbanos como forestais, nos primeiros auxilios e nos escapes de gas.
A última sesión tiña lugar na mañá do 11 de xuño coa parte práctica sobre extinción de incendios.
Fotos: Mónica G. Bellver.



