Con moita música porase en marcha na tarde do 11 de agosto a IX Mostra do Patrimonio Inmaterial de Trives, que promove a Asociación Cultural A Caniceira. Serán os VII Cantos de Taberna os que abrirán o programa deste evento cultural que se desenvolverá ata o 13 de agosto con diversas actividades culturais e un mercado de artesanía no casco vello.
Nesta sétima edición serán seis os grupos musicais participantes: As Macizas Centrais (Trives), Sómosche d’Herbas, Manzaneda Banda, San Nordés (Trives) e Ponte Louco (Castro Caldelas). Ás oito da tarde reuniranse na praza do Pilón da vila e, media hora despois, iniciarán un circuíto de cantos por unha ducia de establecementos triveses de hostalaría: Ardora, Boliche, Cantina do 4, Manolo’s, Quintela, Sky, Bodegón, Cafeto, Casanova, Paíño, San Martín e Troula.
Este singular peregrinar festivo concluirá en torno a medianoite cunha foliada na que, de novo se xuntarán os grupos, na praza do Reloxo.