
Con cinco xornadas repletas de actividade concluirá a tempada a ludoteca-campamento urbano, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Así para o venres 1 de setembro está previsto un Skatepark, para o luns 4 de setembro unha festa para despedir ás nenas saharuís, para o día 5 unha xincana musical, para o día 7 a derradeira acampada nocturna e para o día 8 a festa final da ludoteca.
A Ludoteca – Campamento urbano é un servizo municipal destinado conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores, con idades comprendidas entre os 3 e 14 anos.

Obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e coeducación, xogos cooperativos e de convivencia en tolerancia e interculturais, animación á lectura e contacontos, piscina, rutas de sendeirismo, ou acampadas foron algunhas das actividades nas que puideron participar nesta tempada 2017 un total de 240 cativos, segundo se informa dende o Concello de Verín.
Fotos: Concello de Verín.



