Trives celebrará a partires das nove da mañá a súa VI Andaina. Os participantes afrontarán un traxecto duns 15 km de dificultade media-alta. As persoas interesadas en acudir poderán ampliar información na web www.apobradetrives.es e anotarse na Oficina de Turismo de Trives (988 33 09 67). O custo da inscrición é de 10 euros e inclúe comida, sorteo de regalos e camiseta.
Tamén estaba prevista unha proba de cross que, finalmente, a organización decidía suspender ao non acadar un número suficiente de participantes.