Primeiro foi na Copa Deputación e agora na liga. O equipo infantil do C.D. Rúa que adestra Luis María Ferrer vén de estrearse na competición regular cunha contundente vitoria no campo do Aguillón contra C.P. Calasancio B.
Na calurosa mañá do domingo 24 de setembro e malia o dominio do xogo por parte do equipo local, era o Calasancio quen se adiantaba no marcador, xa no minuto 7 do encontro. O empate chegaba seis minutos despois e co 1-1 o colexiado pitaba o final da primeira metade.
Tralo regreso do vestiario, os cativos do Rúa seguiron controlando o balón e os goles fóronse sucedendo con tres en seis minutos ata chegar ao 4-1 final.
Con este resultado os amarelos sitúanse no cuarto posto da clasificación. A seguinte fin de semana descansan polo que o próximo partido de liga será de novo no campo rues do Aguillón, o 8 de outubro contra Pabellón Promesas C.F.
Fotos: Mónica G. Bellver.