Os nenos triveses vivían unha tarde diferente o 31 de outubro. A vila celebraba o Samaín cunha programación especial pensada para os máis pequenos. Así, a partires das 18h. os cativos ían chegando ao paseo de San Roque. Alguns traían as súas cabaciñas decoradas para deixar alí expostas.
Ademais máis dun cento de persoas se achegaba a festexar o Samain trivés. Os máis pequenos divertíanse con xogos con diferentes probas como atravesar tupidas telarañas, carreira de ollos nunha culler, varrer cabazas, etc… Tamén había un obradoiro de facer móbil terrorífico de pantasmas, morcegos ou cabaciñas para os máis pequenos.
Despois comezaba o esperado truco-trato por algúns establecementos do pobo onde despois de responder as preguntas que ían no trato recibían caramelos. E para rematar unha terrorífica pero divertida merenda.
Fotos: Concello de Trives.