Organizado por Valdeorras é Viño en colaboración co Concello da Rúa, a iniciativa propón diferentes rutas pola localidade valdeorresa que inclúen paseo, visita dunha ou varias adegas, e cata con pinchos.
A primeira cita será o sábado 18 de outubro, con paseo pola Ponte da Cigarrosa e visita ás Adegas Melillas e Coroa; a segunda será o sábado 25 de outubro, con paseo pola zona de A Veiguiña e visita á Adega Alán de Val; a terceira data será o 1 de novembro con paseo pola Rúa Vella e visita á Adega Joaquín Rebolledo. O programa completarase o 15 de novembro cun paseo ata o Mirador do Barranco Rubio e visita á Adega Quinta da Peza.
O trasporte para cada data sairá ás 11h. dende a praza do Concello do Barco de Valdeorras e ás 11:30h. da praza José Antonio Míguez Freire da Rúa.
As entradas, (12 euros por persoa) poden mercarse no Concello da Rúa ou a través do correo electrónico: valdeorrasesvino@gmail.com.