Un total de sete grupos musicais participarán o vindeiro 30 de decembro no Certame de Cantos de Taberna que se celebrará polos locais de hostalaría de Viana do Bolo a partires das sete da tarde.
Entre os participantes estarán Os Bertolini (Manzaneda), a Asociación Cultural Candea (Viana) o Orfeón Candea (Viana), Ouruxobruxo (A Rúa), Os Chavalines (Viana), Tomalleoutra (Viana) e Son do Sil (O Barco). Esta actividade está organizada polo Concello de Viana do Bolo.