No mediodía do 30 de xaneiro celebraban o Día da Paz na praza do Concello nun acto no que lían un manifesto e cantaban unha canción, xunto co profesorado do centro
Unión, respecto, mimos, tolerancia, comunicación, caricias… Son algúns dos ingredientes da receita para conseguir a paz que, simbolicamente, os alumnos do Colexio Divina Pastora do Barco compartían no mediodía do 30 de xaneiro na praza do Concello. Un cociñeiro, recollía os ingredientes, e tomaba nota das pancartas que portaban cada un dos nenos, acompañados polos profesores. Deste xeito, o colexio conmemoraba o Día da Paz 2018.
O acto incluía tamén a lectura dun manifesto e a interpretación dunha canción por parte de alumnos e profesorado.
Fotos: Carlos G. Hervella