Ata o vindeiro 13 de febreiro estará aberta ao público no pavillón polideportivo de Viana do Bolo unha singular exposición na que o artista local Piquico plasma a súa particular visión sobre a celebración do Entroido en Viana do Bolo en pinturas, fotografías, esculturas…
Un engaiolante percorrido polas cores, sensacións e ritmos desta festa ancestral reunidas baixo o título “Viana: Entroido, paisaxe e androlla”. A mostra poderá visitarse de 16h. a 21 h.