DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Barco acolle o campionato provincial de orientación en idade escolar

Entre os participantes había alumnos do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa e do Divina Pastora do Barco de Valdeorras

En torno aos douscentos deportistas de toda a provincia de Ourense, participaban na mañá do 23 de marzo, no campionato de orientación en idade escolar do programa Xogade para as categorías infantil e cadete na modalidade de carreira sprint en parque (Park-O), celebrado no Barco de Valdeorras.

Entre os participantes había estudantes do colexio Divina Pastora do Barco, colexio Divino Maestro de Ourense e colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, que completaron o percorrido pola zona do malecón barquense e a área recreativa do Salgueiral, despois da reagrupación no pavillón de Calabagueiros, e as correspondentes indicacións a pé de carreira.

O campionato estivo organizado pola sección de orientación do Club Peña Trevinca-Barco, a delegación ourensá da FEGADO (Federación Galega de Orientación) e o Servizo Provincial de Deportes de Ourense (Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia)

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.
Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button