Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A 1ª Xornada Escolar de Orientación en Valdeorras reúne a máis de 200 nenos no Aguillón (A Rúa)

 

Na mañá deste mércores 19 de xuño celebrábase na Área Recreativa do Aguillón, na Rúa, a 1ª Xornada Escolar de Orientación XOGADE en Valdeorras na que participaron 250 escolares nados entre os anos 2008 e 2011 (tamén foron convidados os nados no 2002) do CEIP Manuel Respino e Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa; e do Colexio Divina Pastora e CEIP Ramón Otero Pedrayo do Barco.

 

 

Trátase dunha actividade de promoción do deporte de orientación promovida pola Agrupación Deportiva Valdeorras e o Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia de Ourense, coa colaboración e apoio do Club Peña Trevinca Barco, Iberdrola, Terras Gigurras, Club Our-O e o Concello da Rúa.

Esta carrera estaba dirixida á promoción da actividade física entre o público escolar, con percorridos curtos nos que os participantes tiveron que analizar a forma de ir de control en control. Foi da modalidade sprint con transicións entre distintas zonas laberínticas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button