OurenseÚltima hora

A 25 edición da Miteu aprázase ata o mes de xullo

 

A organización da Miteu (Mostra Internacional de Teatro de Ourense) tiña preparado para o 25 aniversario, unha edición “diferente, con teatro, danza, música, espectáculos de rúa, espectáculos en teatro e en sala”, pero o estado de alarma obrigábaos a cambiar a data e en lugar de ser neste mes de abril, tal e como estaba previsto, celebrarase na primeira quincena do mes de xullo “sempre que a situación o permita”, puntualizan.

Así o aseguraban nun comunicado no que recoñecían que “A Universidade de Vigo, o Campus de Ourense, e o Teatro Principal (Deputación Provincial) amosan o seu apoio, o que agradecemos e recoñecemos nestes duros días. Agardamos e confiamos na resposta da Xunta de Galicia e do Concello de Ourense do mesmo xeito que o facían para o mes de abril. Agradecemos tamén a comprensión das compañías”.

 

Artigos relacionados

Back to top button