
Tralo éxito das dúas primeiras edicións con emotivas homenaxes e máis dun cento de asistentes, todas persoas vencelladas ao equipo de fútbol da Pobra de Trives (xogadores, adestradores e directivos que pasaron por el e tamén actuais), a 3ª xuntanza do Club Deportivo Trives celebrarase o vindeiro 25 de maio.
A cita será de novo no campo do Agro e comezará en torno ás 12:30 horas con partidos entre os inscritos que queiran participar para, posteriormente pasar ao xantar.
A entrada para ver os partidos será de balde pero o xantar precisa inscrición, aberta ata o 20 de maio.