ConcellosEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

A 50ª Festa da Androlla de Viana do Bolo, en imaxes

A raíña gastronómica do Entroido vianés é sen dúbida a androlla. E así se palpaba un Domingo Gordo máis. O 23 de febreiro unhas 2.500 persoas reuníanse arredor da mesa (tanto no polideportivo como nunha carpa instalada ao seu carón) para desfrutar deste manxar, tras un intenso e vibrante desfile de fulións por Viana.

Era ademais unha cita gastronómica moi especial xa que a Festa da Androlla cumpría o seu medio século de vida. Os comensais desfrutaban dun saboroso menú que incluía consomé, androlla, chourizos, lacón, grelos e patacas, ademais de bica, café e queimada. Os Boteiros sumábanse tamén á festa percorrendo as mesas.

Fotos: Javier Brasa.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-desfile-do-domingo-gordo-en-viana-do-bolo-en-fotos/

Artigos relacionados

Back to top button